VIRXE DA CERCA
O
trazado curvo destas rúas (Virxe da Cerca, Ensinanza e Tránsito da Mercé),
circunda o trazado orixinal dos muros da cidade. Máis alá destas barreiras
presentábase un espazo aberto de campos e hortas idóneo para novas fundacións.
No século XVII edificouse o convento da Mercé ao fondo, e no XVIII o Colexio
feminino da Ensinanza.
Vista antiga do convento da Mercede coas obras de adoquinado na rúa (Díaz, 2000, 66). |
Ao longo do século XIX vaise vendendo e desmantelando o que quedaba da Cerca, polas ansias de modernidade dunha cidade que se cría enfaixada polo pasado. Non obstante, ao venderse a particulares o espazo da muralla, pronto as vivendas encheron o espazo que quedara baleiro.
Comentarios
Publicar un comentario