A PRAZA DE ABASTOS

A construción da praza de Abastos prolongouse longamente no tempo. Foi no 1830 cando se dan os primeiros pasos na compra dos terreos necesarios para a construción, se ben vinte anos despois tan solo se tiñan realizado algunhas casetas no lado norte. Non foi ata 1870 cando se adquiren todos os terreos necesarios, tras unha longa especulación do seu propietario, o Conde de Altamira, para obter maiores beneficios na súa venda. Por fin se venden, e no 1873 Prado y Vallo remata a construción da estrutura de ferro e cristal. O mercado orixinal foi derruído no 1937, e no seu lugar comezouse catro anos despois outro moi similar ao anterior, esquema perfectamente apreciable desde a Rúa das Almeas.

COSTA, P. y MORENAS, J. (1989):
1850- Santiago de Compostela-1950.
Desenvolvemento urbano. Outra Arquitectura,
112 y 303. 
Santiago de Compostela.




Comentarios

Entradas populares de este blog

Programa 2020

DEBUXANDO NAS PRATERÍAS- 23 de Marzo