PRATERIAS


Recibe esta praza o seu nome polos mestres prateiros que xa durante a Idade Media tiñan alí asentados os seus talleres. No 1759 pechouse por medio dunha fachada telón no seu lado meridional (Casa do Cabido) e colocouse unha fonte no espazo central. Esta posuía orixinalmente catro cabalos de pedra sobre un bloque de granito, cunha columna sobre eles, rematada na furna xacobea que era dominada por unha figura feminina, quizá alegoría da Fe ou a personificación da cidade. Durante o século XIX parte destas pezas sufriron numerosas modificacións. Remata o conxunto coa estrela que no momento do descubrimento marcou o lugar de enterramento do Apóstolo. 
A praza aínda coas casas de Espinosa e os antigos farois (Costa e Moreno 1989, 339)

A praza modificaríase en 1949 ao edificarse o edificio do Banco de España, segundo un deseño de R. Madariaga, sobre as casas de Espinosa, reformado polo arquitecto M. Gallego xa no século XXI para acoller o Museo das Peregrinacións e de Santiago 




Comentarios

Entradas populares de este blog

Programa 2020

DEBUXANDO NAS PRATERÍAS- 23 de Marzo