A IGREXA DA UNIVERSIDADE


Pese ao tempo, aínda nos serve unha descrición antiga deste “sitio apacible y desahogado y en la parte más llana y sana de toda la ciudad”

Panorámica da Zona Vella coa Igrexa ao fondo (Díaz, 2000, 11)


Este espazo estaba ocupado por varios edificios, como un convento franciscano e vivendas, incluíndo un posible pazo do Conde de Trastámara que sería destruído no séculoXV. 

O arcebispo Blanco, a finais do século XVI, adquire os terreos para asentar definitivamente aos Xesuítas. A tranquilidade do lugar contribúe á traza sinxela da propia Igrexa da Compañía co seu colexio, que se transformaría durante o século XIX no edificio da Universidade, ampliado grazas ao omnipresente Montero Ríos. 
Portada da Universidade antes das reformas (Amorín, 2011, 236)



De feito, a estatua deste destacado político galego remataría na praza tras as disputas sobre a súa localización diante do Concello.  

En tempos, facíase mercado os xoves, como aínda testemuñan os debuxos dos peixes nos muros da igrexa.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Programa 2020

DEBUXANDO NAS PRATERÍAS- 23 de Marzo