A MURALLA

Boceto- lápices de cores 

Cuadro rematado- acrílico sobre táboa - 122m x 2,44m


A muralla
FRANCO, A. (1987):
Los orígenes de Compostela.
Una historia dibujada,
87. A Coruña.

Debido á alteración urbanística de Santiago durante o século XIX, derribouse o tramo da muralla que se debuxaba entre as portas de Mazarelos e do Camiño, lembranza que se conserva no nome da rúa que na actualidade a substitúe, Virxe da Cerca. É posible que subsista algún perpiaño medieval fosilizado na moderna construción do baseamento da praza de Abastos, onde na baixa Idade Media foi aberto un postigo da muralla, usado como saída do pazo e hortas do Conde de Altamira.  Aos pes do muro novo, decídese construir no ano 1842 unha fonte, no lugar onde existirá o pío chamado Picho da Cerca. Buscábase que fose un ornamento monumental, e para iso proxectouse colocar sobre una columna central unha serea. Aínda na actualidade se conserva a figura, pero o autor realmente esculpiu unha esfinxe, con cabeza de muller e corpo de león, e non a serea -metade peixe, metade muller- que se tiña proxectado, e pola que o Concello lle pagara 700 reais.
Obras en Virxe da Cerca
DÍAZ, C. (coord.) (2000):
A memoria de Santiago, 66. Vigo.




Comentarios

Entradas populares de este blog

Programa 2020

DEBUXANDO NAS PRATERÍAS- 23 de Marzo