Entradas

DEBUXANDO NO CLAUSTRO DE FONSECA- 25 de Abril

Imagen

DEBUXANDO NA PRAZA DO OBRADOIRO 24 de Abril

Imagen

DEBUXANDO NO PARQUE - 20 de Abril

Imagen

DEBUXANDO EN FONSECA-16 de Abril

Imagen
Ainda que facía algo de frio, desfrutamos dunha estupenda xornada cos rapaces de 4º de primaria do CEIP López Ferreiro, debuxando na Praza de Fonseca.
Fixo un día estupendo e coma resultado obtivemos unhas fabulosas obras de arte.
Aquí tedes un video resumo que inclue tódolos debuxos:


ver video aquí
Aquí una pequena mostra dos debuxos





DEBUXANDO NAS PRATERÍAS- 23 de Marzo

Imagen
Estupenda visita dos rapaces de 3º de Primaria do CEIP López Ferreiro.

Quero felicitar aos seus profesores e profesoras, pois ademáis de portarse estupendamente viñan moi preparados sobre a historia de Compostela e as localizacións de cada cuadro, xa que traballaran o tema cos contidos do blog na aula.

Pese a que non tivemos sorte co día, pois estaba chovendo, estivemos debuxando do natural nos soportáis da Praza das Praterías. Son uns artístas!!


Aquí tedes o video da visita, con todos os debuxos


ver video aquí


E aquí unha pequena mostra dos debuxos:








BENVIDA

Benvid@s a  este portal, onde a través da pintura e o debuxo ao aire libre, poderedes atopar moita información sobre a Historia de Compostela, e as súas anécdotas. Tomando a cidade de Santiago como eixo temático, búscase reflexar a través dos seus edificios unha visión diferente ás xa manidas fotos dos soportais e a pedra mollada. A intención é ofrecer un novo enfoque que saliente lugares que normalmente pasan desapercibidos, devolvéndolles o seu protagonismo perdido. Abarcaranse distintos puntos de análises como o histórico, o artístico ou o estético.
Estades invitad@s a continuar este proxecto, debuxando na rúa e investigando a Historia de cada sitio. Compartiremos aquí todas as aportacións, intercambiando experiencias, aprendendo e gozando do traballo dos demais.