DIANTE DE BONAVAL

Boceto- lápices de cores

Cuadro rematado- acrílico sobre táboa  1,22m x 2,44 m




Convento e igrexa de San Domingos crecen desde o século XIII, cando alcanzan a súa maior época de esplendor. Tras a desamortización de Mendizábal, terá diversos usos distintos do relixioso, pois converteuse en hospicio en 1836, en cemiterio en 1847 e no Panteón de Galegos Ilustres en 1891. 

Sen dúbida a función máis curiosa é a de cemiterio, pois trala prohibición de Carlos III de realizar enterramentos nas igrexas, buscarase en Compostela unha localización para o camposanto, utilizando de maneira provisional desde 1814 Sar e Santa Susana, para finalmente instalalo nas hortas e terreos do antigo convento de Bonaval.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Programa 2020

DEBUXANDO NAS PRATERÍAS- 23 de Marzo