FONTE SEQUELO


Recreación do primeiro recinto da cidade (Franco, 1987, 87)

Atópase no límite da primeira aglomeración murada ao redor da Tumba do Apóstolo, que abarcaba ata o outeiro que dominaba o leste (na zona da rúa do Castro), como aínda amosa a forte pendente e aliñación da Rúa Diego Xelmírez, nome que, no 1893, se lle concedeu ás Rúas de Fontesequelo e Rego da Auga. Esta costa e a abundante escorrentía de auga que, por mor do tempo compostelán, adoita presentar levaría a enfrontamentos e cruces entre peóns nunha verdadeira disputa por ven quen tiña preferencia nas marxes da rúa para non mollar os pés.

Pesa a súa utilidade como manancial para os composteláns dende os orixes mesmos da cidade, non parece que fose do gusto de todos, pois é coñecida a súa descrición polo eclesiástico J. del Hoyo, a comezos do século XVII, como unha auga de mala calidade por ser “algo salobre”, aínda que das máis frías de toda a cidade.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Programa 2020

DEBUXANDO NAS PRATERÍAS- 23 de Marzo