CARBALLEIRA DE SANTA SUSANA



No outeiro coñecido como “dos Poldros” existía dende o século XII unha capela románica, onde Xelmírez tiña depositado os restos de santa Susana, comezándose de este modo o culto á santa nela. O espazo que a circunda tivo diferentes usos ao longo dos séculos. Durante as Revoltas Irmandiñas, foi lugar de reunión das xentes de Santiago e dos seus arredores, onde se organizaron para crear a Irmandade. No século XVI foi utilizado como espazo para a feira do gando, pero tamén foi mercado de produtos agrícolas, ou lugar de ocio con tabernas e tendas en competencias coa praza do Hospital intramuros. Quizá o seu uso máis curioso foi o de lugar para celebración das corridas de toros durante o século XIX, pois Santiago nunca tivo unha boa economía que lle permitise a construción e un edificio independente dedicado a tal fin, senón que se levantaban taboados para as corridas en distintos lugares, entre os que se encontraba Santa Susana. 
Santa Susana nun día de mercadoDÍAZ, C. (coord.) (2000): A memoria de Santiago, 123. Vigo.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Programa 2020

DEBUXANDO NAS PRATERÍAS- 23 de Marzo