AFONSO II O CASTO


Dende 1966 vixía este monarca as idas e vindas dos estudantes de Historia. É doazón e copia da orixinal de Víctor Hevia inaugurada no 1942 en Oviedo durante a Ditadura, cun claro corte ideolóxico. A presenza deste rei en Compostela, como primeiro peregrino e primeiro mecenas, é reinterpretado tamén como o irmandarse de dúas cidades vinculadas ao fenómeno xacobeo. Non obstante, a incomprensión dos composteláns pola súa localización, lémbranos aquela anécdota dunhas mulleres que vindo do mercado debatían sobre a estatua: “Quen é ese? Alfonso II el Casto… Quen?... El Casto … Pobriño”.

Escultura xemelga
de Alfonso o Casto en Oviedo
http://grucomi.blogspot.com.es

Comentarios

Entradas populares de este blog

Programa 2020

DEBUXANDO NAS PRATERÍAS- 23 de Marzo