AGRADECEMENTOS



SANTIAGO PINTADO xurdiu de casualidade tras mesturar o disfrute de debuxar ao aire libre, coa escoita da Historia do sitio onde me atopaba, a Praza de Mazarelos.
Quero agradecer a todos os que colaboraron ca súa inestimable axuda, comenzando cos Historiadores que forman parte do proxecto: Juan Conde, Natalia Coira e Carlos J. Galván, e coa gran axuda de Carmen Fidalgo e a súa estupenda biblioteca particular, que facilitounos o acceso a libros descatalogados e a algunhas xoias literarias sobre a Historia de Compostela

Tamén quero destacar a colaboración totalmente desinteresada de Inés Toca e de Manuel Nieto, que me orientaron e axudaron a conseguir financiación e posibles patrocinadores.


Estou tamén en débeda con todos os patrocinadores, coa Concello de Santiago e o seu departamento de Educación liderado por Manuel Dios, que animaronse a promocionar o debuxo do natural nas aulas, e coa Universidade  de Santiago, promotora da exposición e orixe do proxecto. A estupenda labor realizada por Mercedes Rosón e todo o seu equipo quedou eclipsada pola beleza das súas salas de exposicións, pois o Pazo de Fonseca é un marco incomparable que sin duda realza as obras as sitúa nunha atmósfera poética cun valor incalculable.

Por último quero agradecer a labor de Antía Vicente, que realizou a grabación e a edición dos videos das visitas dos coles e das saidas a debuxar ao aire libre, un estupendo traballo !

Estes son os patrocinadores que fixeron posible o proxecto:

- Limpiezas Salgado
-Campus na nube
-Dr. Psiquiatra Victor Rodriguez
-Bricomart
-Enmarcaciones Alfonso
-GADIS
-Turismo de Santiago
-Viajes Viloria
-
-

Comentarios

Entradas populares de este blog

Programa 2020

DEBUXANDO NAS PRATERÍAS- 23 de Marzo