AS TROMPAS

     
Boceto - lápices de cores                                          Cuadro rematado
                                                                      acrílico sobre táboa 2,44m x 1m



Pola rúa das Trompas abandónase o Santiago vello saíndo das lindes da muralla, que se atoparía no que hoxe coñecemos como rúa da Virxe da Cerca. No outeiro que se atopa enfronte álzase o convento dominico de Santa María de Belvís, erixido durante a primeira metade do século XIV. Trátase de un dos catro conventos edificados extramuros da cidade –San Francisco, Santa Clara, Santo Domingo de Bonaval e Santa María de Belvís-, nun lugar coñecido co nome de “O Viso”, termo que provén do latín visus e que fai alusión a unha altura desde onde se pode apreciar moito terreo co sentido da vista.
Belvís
DÍAZ, C. (coord.) (2000): A memoria de Santiago, 66. Vigo.
Do antigo conxunto relixioso pódese destacar que en 1305 probablemente se comezase a súa edificación, e que se conmemora a súa fundación no 1340, polo que as obras da igrexa estarían xa moi avanzadas nesta data; pero aínda así, prolongaríanse durante moitos anos.
O templo medieval foi demolido no ano 1725, e no seu lugar edificouse unha nova fábrica de factura barroca, rematada cara 1737; non obstante, consérvanse algunhas pezas do edificio orixinal, tales como capiteis, columnas e incluso un arco. Á igrexa orixinal constrúeselle no seu exterior a finais do século XVII unha capela, de estilo tamén barroco, baixo a advocación de Nosa Señora do Portal.
No ano 1809, durante a ocupación francesa da Península, se Bonaval serviu de albergue para as tropas, Belvís foi hospital. Actualmente alberga de novo unha comunidade de relixiosas da orde de Santo Domingo.




Comentarios

Entradas populares de este blog

Programa 2020

DEBUXANDO NAS PRATERÍAS- 23 de Marzo